Tuesday 07 de May de 2024

O Partido Popular de Oleiros denuncia o abandono do alcalde á Policía Local de Oleiros


ALCALDE Á POLICÍA LOCAL DE OLEIROS O PERSOAL DA POLICÍA MUNICIPAL ACABA DE FACER PÚBLICA UNHA NOTA NA QUE MOSTRA O seu MALESTAR POLA NEFASTA XESTIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL CO CORPO DA POLICÍA LOCAL E ANUNCIA QUE DEIXARÁ DE FACER HORAS EXTRAS A PARTIR DO PRÓXIMO 7 DE NOVEMBRO

O Partido Popular de Oleiros leva demasiado tempo denunciando a situación real dopersoal da Policía Local. Ás numerosas peticións deste grupo municipal de incremento de efectivos, adaptación aos cocientes de número de axentes con relación á poboación do municipio, o alcalde fai oídos xordos e adoita resolver o asunto alegando que “o persoal é suficiente”.

A nota da Policía Local, recolle a diminución en número de efectivos que se rexistra nos últimos anos, que reduce o persoal a 18 axentes durante as 24 horas, dos que 4 atópanse de baixa. Ademais destes funcionarios, cóntase cun policía de urbanismo, 4 oficiais e un inspector. O triste balance desta situación é que na práctica, a dotación por cada quenda de traballo non chega a 6 axentes, para unha poboación que rolda os 40.000 habitantes.

Esta situación leva implícitos unha longa lista de problemas, entre os que cabe destacar a sobrecarga laboral para os axentes en activo, así como o feito de verse obrigados a ter que chegar a patrullar en solitario -o que implica un risco engadido ao que xa están expostos os policías na súa actuación-, un deficiente mantemento do parque móbil con vehículos que se averían e presentan numerosos problemas. Capítulo á parte merecen as condicións laborais dos funcionarios, que son practicamente as mesmas que tiñan hai 20 anos.

Á vista da situación de abandono por parte do concello, coa súa negativa á actualización de efectivos, que conleva quendas de traballo de 16 horas para cubrir os mínimos estipulados, así como ás carencias de medios e unhas condicións laborais obsoletas, o persoal anuncia a súa intención de deixar de realizar horas extras a partir do próximo 7 de novembro.
“Desde o Partido Popular queremos mostrar o noso total apoio aos Policías Locais de Oleiros e recoñecer o mérito do servizo que prestan aos veciños, a pesar dos inconvenientes da lamentable xestión que está a facer o alcalde neste asunto nos últimos anos. De feito, o programa electoral co que concorriamos ás últimas eleccións municipais recollía o aumento do persoal ata os 57 axentes, porque
estamos comprometidos coa seguridade dos oleirenses e porque a Policía Local tamén merece, como mínimo, as melloras que para si mesmos aplícanse os membros do equipo de goberno do concello, como anunciaron recentemente cos seus incrementos salariais para os orzamentos de 2024”, declarou a este respecto Loli Silva, portavoz municipal do PP.

“Así mesmo, desde o Partido Popular queremos manifestar a nosa preocupación #ante a deterioración que vén sufrindo o corpo policial desde hai anos debido á deficiente xestión do alcalde e poñémonos ao dispor dos Policías Locais de Oleiros para prestarlles apoio en todo o que estea na nosa man. Non dubidaremos en continuar coas nosas reivindicacións de melloras para este corpo cuxa labor é tan necesaria para a vida cotiá dos habitantes do concello”, concluíu Loli Silva.